29 abril 2019

13 Year Cicada



13y

Venres 3 de maio ás 20.30

Comezamos maio con cousas bonitas dende Alemaña!

13 Year Cicada é un trío berlinés de batería, baixo e sintetizadores que acompañan con voz.
Chegan ao liceo cun álbum ben quentiño que acaban de editar cos barceloneses Gandula baixo o nome de «00Yes», nel, mesturan o punk e o ruidismo con ritmos e métricas alieníxenas. Un álbum con cancións para mover a cabeza a compases enganosos e encher os oídos de melodías e voces ás veces livianas e ás veces enérxicas.

Escóitao aquí:
https://gandula.bandcamp.com/album/00yes-2

Na súa xira pasan por Pontevedra a deixarnos a súa marca e para que ti poidas velos! Polo donativo habitual de entre 5€ e 10€ á vontade para axudalos polo seu paso pola península e poidan descansar a tomar un café e uns churros.