10 diciembre 2013

A Dolorosa Compañía no Liceo Mutante



A Dolorosa Compañía ven este xoves ao Liceo Mutante e non se anda con tonterías, quere que volvas bailar «o agarradiño» ata que caias ao chan da risa. Podería ser o novo Cabaret Underground, un novo concepto da orquestra de toda a vida, rancheras everywhere e cumbia por doquier. Noventeiros de corazón e verbeneiros de profesión, o mismo lles da unha copla, que as spice girls, un fado ou o grupo pop mais terrible dos 90. Todo resolto con gran calidade vocal e un ben executado aerobic con traxe de sevillana.

Todo da man de Fernanda Jiménez (Lúa Gándara) voz & Jimeno Fernández (Rodrigo Cuevas) voz e acordeón.

O xoves 12 de decembro as 20.30 esperámosvos no Liceo para desfrutar deste show bizarro. Lembrade que o donativo será de só cinco euros para os socios Y, e coma de costume de balde para os socios mutantes.
Non esquezades coller o carnet antes de sair da casa!