Venres 17 ás 21.30
Embárcate de novo no mundo deste Cabaré Musical que está no seu undécimo aniversario polos escenarios do surrealismo galaico, sendo xa todo un referente na escena galega.
Volven con afán de regalar ós nosos oídos as vellas melodías da Europa de entreguerras. Nas entrañas da Dietrich ou de Edith Piaf, coma referentes e as composicións magníficas de mestres coma Kurt Weill, ou Friedrich Hollaender ó piano, acompañada polo seu músico fidel, o inefable Berg, que percorre con ela todo un periplo entre a Europa e a América do século XX, no barco da súa inmortalidade…..
—–
BLANCA CENDÁN é actriz e cantante. Foi nominada coma actriz protagonista ós premios María Casares pola interpretación desta personaxe inmortal. Foi Directora do Centro Dramático Galego. Ten traballado en Cine (Mia Sarah, One day in Europe), Series de TV (Valderrei, Fíos…) e Teatro (Chévere, Teatro do Morcego…) dende o ano 1988. En Berlín ten participado en curtametraxes coa Escola de Cine dffb da man de Hannes Stöhr, director de renome no audiovisual xermano.
SUSO ALONSO é pianista, compositor e arranxista, ten colaborado en montaxes teatrais co grupo Chévere (Annus Horríbilis), co Centro Dramático Galego (Noite de Reis, Obra, A Ópera dos 3 Reás…). Ten un premio María Casares a mellor música orixinal polo espectáculo “Obra” da Cía. Excéntricas no ano 2009. Forma parte do grupo musical Di Elas con Luis Tosar dende hai 6 anos, entre outras formacións coma Os da Ría…
—–
Non vos esquezades de acudir puntuais á cita e de traer os voso carnés de socios para facilitar a entrada ao Cabaré que vos trasladará até os felices anos 20!
E para todos aqueles socios Y, lembrar que desta vez o donativo será duns 5 euriños destinados integramente para continuar coa tourné dos nosos artistas!