22 septiembre 2014



10257474_10203810363032896_4777882227566259151_o

Sábado 27 de setembro ás 20.00

Estamos á vangarda da nostalxia galaica. Veñen dúas bandas novas á nosa cova e ameazan con deixala toda perdida de nociva emoción.

Por unha banda temos aos Chicharrón, grupo balsámico tirado das filas de formacións senlleiras da terriña coma foron Franc3s ou Telephones Rouges. Moito cuore acústico e pop que ora trota, ora trisca na herba, sempre coa mirada cravada no crepúsculo estrelecido.

http://chicharron.bandcamp.com/

Pola outra chegan os Elvis Negro montados nun quad que anda a chorros de distorsión e catroporcatros à la New Order. Pero tamén con baladones. Quedaron no prego espacio-temporal que conecta o Glasgow dos 80 co eixo Viveiro-Boiro de agora. E desde aí moven os fíos.

http://elvisnegrata.bandcamp.com/releases

E poderás pagarlles a viaxe e as suores por só 5€ que lles achegaremos íntegros e con devoción, como facemos sempre nesta santa casa.

Vinde, que o Liceo ten fame de vós, sede de vós, cousas que contarvos, persoal ben parecido, fantasía, pasa fatigas, renace sempre, arriba, arriba, arriba o Liceo.