Sábado 11 de outubro ás 20.15
Galicia e Valencia teñen moitos puntos en común. Moito ladrón, moita droga e moito caciquismo. Pero tamén estamos a parir bandas boas sen parar un minuto. En conxunto con este estoupido de cultura, xurdiron sitios como a Residencia ou o Magazine polo que pasaron bandas como Betunizer, Cuello, Negro, Derrota, Tucán e un longo etcétera de bos grupos valencianos.
Pois amigos, a conexión Galicia-Valencia culmínase coa chegada desas bandas ata aquí. Se o venres temos a Carmonas, o sábado será a quenda de Cigüeña. Este dúo do Mediterráneo está formado por Unai e Martín: constantes, forza, dándolle duro dende fai moito tempo. Cigüeña consta dun batería e un guitarra que arremeten riffs noventeiros, voces melódicas, e unha caña bruta contra o público. Fan e desfán. Unha montaña rusa de “punch!”. Aí están eles.
http://ziguenya.bandcamp.com/
Estarán acompañados polo trío pontevedrés Test Hammer, rock potente con retazos de stoner ou grunge
https://www.facebook.com/TestHammerBand
Todo isto por 4€ de donativo directo para as bandas (coma sempre) para que poidan chegar de volta a Valencia. Haberá “drinking” e comida, prezos en pesetas. ¡Apoia a cultura, non quedes na casa!
Abrimos portas ás 20:15.
