COUSTEAU AWARDS, Sábado 2 de Xuño

El 2 de Junio tendrá lugar la primera edición de los Cousteau Awards en el Liceo Mutante.
Un festival, con entrega de premios (Los Cousteaus) , en el que se homenajeará a este SEÑOR que hace poco nos dejó y que muchos conocíais…
A este evento se han unido bandas que quieren mostrarle sus respetos a tan insigne perro:

*SUGAR MOUNTAIN (Acústico)-este primer concierto se hará si el tiempo nos lo permite en el jardín. (puro rock sureño en formato íntimo)
http://www.facebook.com/groups/56850602612/

*PDA (caña desde el poblao)
http://www.facebook.com/pages/PUS-DE-ALCE-PDA/144370692337652?sk=likes

*FERVELLASVERZAS ( rock’roll con clase galega)
http://www.myspace.com/osfervellasverzasrock

*SALVATION ARMY (potencia glaciar hispano-alemana)
http://www.myspace.com/salvation.army

*THE GRAVE DOLLS ( psicodelia monumental) http://www.youtube.com/watch?v=K10y6kaYhSM&feature=relmfu

*TRACTOR TROY ( Rock agrario)
http://www.myspace.com/vivatractortroy

-Entradas

4€ (anticipada)-se pondra a la venta a partir del viernes 11 en La Pega Moura.

5€ (taquilla)

Apertura de puertas 18:00 horas

Cineclube do Liceo Mutante: Os Leningrad Cowboys van a América

Mércores 30 de maio ás 21:30
Non hai mellor forma de rematar un ciclo adicado ao director finés Aki Kaurismäki que escoitanto ao mellor grupo saído do frío: os Leningrad Cowboys!
Os Leningrad Cowboys van a América (Leningrad Cowboys go America, Aki Kaurismäki, 1989, Finlandia -Suecia, 75′, VOSE)

Os Leningrad Cowboys, un grupo de músicos fineses e o seu mánager, viaxan a América buscando fama e fortuna.

Entrada de balde

Obradoiro de fútbol de mesa (subbuteo)!

Os Falcóns organizan un obradoiro de Fútbol de Mesa no LICEO MUTANTE de Pontevedra para todos os que queran aprender a xogar. Será os Domingos entre o 13 de Maio e o 10 de Xuño ás 17:00 horas. Farase un repaso teórico aos principais conceptos do deporte (podedes ver os detalles no programa adxunto), pero será maioritariamente práctico, con exercicios de entrenamento e sobre todo con muitos partidos

Mullet + Señor Anido no Liceo!

Sábado 26 de maio ás 22:00

A ver rapaz.

Se non sabes quen son Mullet entón non mereces o amor que te entregamos cada fin de semana. Ademais do mellor peiteado da historia, son unha banda de Lugho. Eles fan un bo mugre-lofi-nowave-pop que vas quedar para dentro.

Aínda tes unha oportunidade de arrimarte ao seu novo aparello: Salmonete.
http://mullet.bandcamp.com/album/salmonete
Con membros dos mais ilustres cortellos (Vale Tudo, Devalo), e ademais fantásticos integrantes.

E se non sabes quen é Anido entón marcha para casa e non volvas. O home detrás dos mitos e inimitable personaxe que o mesmo comparte escenario con Betunizer que toca en Jiménez del Oso e che organiza un recopilatorio.
http://www.myspace.com/sranidosrreal

Ven e gosa por catro euros de nada, a prezo da ración de pulpo en época de Fraga.

CANCELADO Rojo Dos + Rocking for Tangas!

LAMENTABELMENTE E POR RAZÓNS PERSOAIS DAS BANDAS TEMOS QUE ANUNCIAR A CANCELACIÓN DO CONCERTO.

DENDE O LICEO, MANDAMOS UNHA APERTA XIGANTE AOS ROJO DOS E DENDE XA NOS POÑEMOS A TRABALLAR NA SEGUINTE DATA.

Venres 25 de maio ás 21:00

Velada hardcore que boa falta fai!

Rojo Dos chegan dende Coia coa navalla entre os dentes dispostos a revolucionar o Liceo a base de hardcore do de verdade. No seu bandcamp podes escoitar os seus dous traballos e quedar convencido do que perderás se quedas na casa:

http://rojodos.bandcamp.com/

Serán acompañados polos explosivos Rockin’ for Tangas, o auténtico hardcore plaieiro listo para facerte explotar a cabeza.

http://www.facebook.com/pages/rockin-for-t-a-n-g-a-s/177958252294659

Coma sempre, o Liceo ofrecerá comida e bebida a prezos populares. A entrada son 3 eypos ou 8 se levas o EP, e recorda que o diñeiro da entrada é íntegro para as bandas!

Recorda que cada vez que chegas tarde a un concerto morre un gatiño!

Es Un Arbol no Liceo!

Xoves 24 de maio ás 21:30
Es un Arbol é o sorriso dun neno pedindo un xeado na soleada Lanzada un día de agosto, respectando as dúas horas de dixestión
Es un Arbol é a arte pura, o canto dos paxaros feito canción, e as pinceladas dun pintor dándolle brochazos ao ceo nunha tarde de primavera.
Es un Arbol son de pura cepa, lume e ouro, clase e humor, estima e senvergoncería, o que os programadores de RTVE poñerían na Primeira na noite de Fin de Ano despois das badaladas se Ramón García non os obrigase a facer unha gala.
Es un Arbol están presentando o seu novo álbum, La Buena Nueva, veñen baixo o amparo do Metamovida, son máis bos que a crema de zapatos e o suavizante xuntos.
Es un Arbol, nun concerto integramente en directo para ti no paraíso terreal sen valos de publicidade, por só catro moedas aínda vixentes na Grecia que che adorna.
Es un Arbol son coñecidos por empezar sempre puntuais e tocar cancións só ao principio dos seus concertos, nunca ao final, así que sede bos e chegade a tempo.

http://www.esunarbol.com/

Cineclube do Liceo Mutante: Hamlet vai de negocios

Luns 21 de maio ás 21:00

Continua o mes de maio e con el o ciclo adicado ao director finés Aki KaurismäKi, nesta ocasión coa proxección do filme Hamlet vai de negocios (Hamlet liikemaailmassa, Aki Kaurismäki, 1987, Finlandia, 84′, VOSE)

Despois da morte do seu pai, o mozo Hamlet herda un posto de traballo na compañía da súa familia controlada é eses momentos polo seu tío…

Entrada de balde

Obradoiro de fútbol de mesa (subbuteo)!

Os Falcóns organizan un obradoiro de Fútbol de Mesa no LICEO MUTANTE de Pontevedra para todos os que queran aprender a xogar. Será os Domingos entre o 13 de Maio e o 10 de Xuño ás 17:00 horas. Farase un repaso teórico aos principais conceptos do deporte (podedes ver os detalles no programa adxunto), pero será maioritariamente práctico, con exercicios de entrenamento e sobre todo con muitos partidos

Trilitrate + Dios Pentágono!

Xoves 16 de maio ás 22:00

Dende Vigo nos acompañan os Trilitrate, con clase e risco garantizados, con membros xa case míticos do escenario do Liceo como Rubén (Cró, Es un Arbol, Orquesta Metamovida) e Elena (Suelen Estar Quartet, Orquestra Omega), nunha formación de guitarra clásica, violín e acordeón. Todo un reto!

Serán acompañados polos residentes Dios Pentágono, de novo dúo con membros de Sierpes de la Luz, Amapola e Urro, que lle porán música ao filme La Jetée de Chris Marker

Mellor menú non se me ocurre para recibir con xúbilo unha xornada festiva, alimentándonos do pracer da brisa primaveral no noso xardín.

Só por tres euripios (íntegros para as bandas, coma sempre), con comercio e bebercio a prezo posguerril.

Cineclube do Liceo Mutante:Nubes Pasaxeiras

Luns 14 de maio ás 21.00
Dentro do ciclo adicado ao cinema do director finés Aki Kaurismäki esta semana proxectaremos Nubes pasaxeiras (Kauas pilvet karkaavat, Aki Kaurismäki, 1996, Finlandia, 94′,VOS)
Lauri perde o seu traballo como condutor de tranvía e o restaurante onde traballa a súa esposa (o “Dubrovnik”), pechou.

Coma sempre a entrada é de balde.