Sábado 21 de marzo ás 20.30: La URSS
A unión fai a forza, ou iso era o que os comunistas soviéticos crían a cegas ata que se touparon con outra unión que podía máis ca eles, a dos mentos e a Coca-Cola, isto deu por terminada a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, comezaban tempos escuros para a humanidade…
Pero a historia non remata aquí amigos, nun recuncho do sur de Europa, a moitos miles de kilómetros da extinta e mítica república, 4 rapaces con base en Granada deciden emprender a complicada tarea de volver levantar ós camaradas.
Efectivamente, LA URSS pasarán polo Liceo nesta xira de reconquista.O seu manifesto de punk con ramalazos surfeiros, ás veces é unha festa dos 80, outras un concerto de rock radical (inserte aquí os seus grupos preferidos).A mellor maneira de alistarse, xa sabedes, vindo con boa disposición a mover o bullarengue:
http://laurssmaldita.bandcamp.com/
Todo por 5 € de donativo que irán direitiños á banda, por suposto, teremos comida e bebida a prezos de auténtica república exsoviética.
Apertura de portas 20:30
Comezo aproximado: 21:00