Ola!
Sentimos comunicar que acadamos o aforo máximo para o IV Aniversario do Liceo Mutante.
Xa non faremos máis reservas por mail nin venderemos entradas na porta.
É unha mágoa non poder tervos con nós nesta celebración mais lembramos que o que nos mantén vivas é o día a día, cada concerto, obra, filme, presentación, etc.
Agradecemos infinito o voso apoio nestes catro anos, sóbranos corazón para catrocentos máis.
Pola recuperación dos espazos sociais e culturais libres e compartidos, pola autoxestión das nosas vidas.
Saúde
29 julio 2015