31 marzo 2016

Presentación de Karate Press con Javier Colís + Dead Routines



karate

Sábado 2 de abril ás 17.30

Temos a festa de aniversario do Karate Press, a publicación musical arcana, telúrica e definitiva do rock e demáis asuntos turbios. E traen nada menos que a Javier Colis e aos Ded Routines para soprar as candeas cun soprete de napalm.

Javier Colis, rioxano ilustre do rock subterráneo, leva xa varias décadas xestionando misterio coa súa guitarra en proxectos tales como Demonios Tus Ojos, Mil Dolores Pequeños, Javier Colis y las Malas Lenguas ou o seu novo grupo La Femme Fakir. Bebendo entre outros de magos como Fred Frith, Marc Ribot ou Robert Fripp, Javier terá material novo que airear, pertencente ao seu inminente novo LP “Nadie en el Espejo”.


Escoltándoo estarán os Ded Routines, vellos coñecidos do Liceo, cabalgantes a lombos da electricidade gourmet de Swell Maps, Gun Club ou Dead Moon. Desde Camposancos con intensidade atlántica e latexo pospunk.


https://dedroutines.bandcamp.com/

Veñen os cabalos salvaxes. Vinde celebrar o lado elegante do Rock’n’Roll connosco e levade algo no que pensar, algo para afondar e vibrar.

Todo por 5€ que levarán íntegros as artistas para que podan seguir dando sentido a todo isto.