13 abril 2016



mogor

Ola amigos!
Sabedes que se organizamos algo un domingo é porque merece a pena.

Deer in the headlights veñen dende Banja Luka (Bosnia Herzegovina), por primeira vez ao Estado, a descargar o seu intenso hardcore punk escrimero que non vai a defraudar a ninguén. Como se a peña de Ictus se xuntase cos de Orchid a tocar uns temas.
http://deerintheheadlights.bandcamp.com/

Mogör son outro dos experimentos saídos das catacumbas do Liceo. Un dúo con xente de Enoch Ardón, Balcanes, e Lluvia de Ciervos facendo noise punk na onda duns Hoax ou Jr. Ewing primixenios.

Vinde ou cando se poñan de moda lamentaredes aquela primeira vez que eran máis frescos, máis xoves e saudaban pola rúa…
Todo por 5 euriños, como é habitual, para que as bandas podan seguir o seu camiño.