2 junio 2016

Guerrera



guerri

Xoves 2 de xuño ás 20.00

Bueno, bueno, bueno.

Esta cousa é moi gorda. Os putos Guerrera están de volta. E menos mal, botabámolos moito de menos. Os seus concertos no Liceo sempre foron memorables. Querémolos, hostia!

Está todo no seu sitio, os ingredientes da máxica ecuación super banda molona-espazo-conexión-ganas non fallan nunca. Ese sentimento de comunión dos grandes momentos, a cámara lenta, viaxe, trascendencia.

E a que andan os Guerrera? Pois home, son mortais nos seus ratos libres, e despois deste pequeno parón xa teñen listos para gravar os temas do que será o seu terceiro disco, así que prepárate para escoitar nova mandanguita rica.

Mentres chega ese novo largo, podes seguir a rascar os vinilos anteriores, se é que aínda tes surco:

https://guerrera.bandcamp.com/

Ou mirarte ese peaso videoclip dun fragmento de «Magma y Trueno», se é que aínda non o viches, claro:

Serán 5 euros de donativo íntegro para a banda, máis comida e bebida a prezos da risa, coma sempre.

Abrimos portas ás 20:00, non tardes moito que seremos unha boa tropa. Saúde!

Guardar