4 noviembre 2016

John & Dan



dan-john

Mércores 9 de novembro ás 20.45

O escritor francés Antoine de Saint-Exupéry escribiu unha vez: «A perfección acádase, non cando non hai nada máis que engadir, senón cando non hai nada que quitar». Esa búsqueda do elemental levou á formación de John & Dan.
Este novo proxecto surxe dentro do grupo noiorquino Barbez, exuberante e atrevido grupo editado por selos como Important ou a Tzadik de John Zorn. En Barbez John e Dan traballan nos terreos do rock máis arriscado, o folklore imaxinario,a liberdade instrumental, exploran a poesía de Paul Celan ou reinterpretan as cancións da resistencia partisana da Segunda Guerra Mundial. John & Dan conta co compositor e fundador de Barbez Dan Kaufman na guitarra e o baterista da banda John Bollinger no vibráfono, baixo e a batería. Actualmente están a traballar no seu álbum de debut co lexendario productor e enxeneiro Martin Bisi.
Neste proxecto, os dous exploran un inmenso territorio sónico que abrangue dende a ferocidade ata a tenrura, demostrando que con poucos medios podes obter unha infinita paleta sónica.
“An underground and fabulous insurrection of exceptional music making”
http://www.barbez.com/johndan.html

Contribución para os músicos viaxeiros: 5 e