Mércores 26 de abril
Este é un obradoiro aberto a todo o público, para participar non é preciso ter ningunha experiencia previa na música, canto, arte sonoro ou na performance
A través de exercicios que inclúen escoitar, respirar, cantar e camiñar, observamos e experimentamos cos tons, as variacións sonoras e as diferentes posicións corporais. Intuitivamente reaccionando á contorna, exploramos como utilizar o espazo para a produción de son, amplificando e afectando á voz acústica. Por exemplo, movéndonos cara a unha esquina, unha parede ou unha xanela, ou mesmos poñéndonos de fronte a outr@ cantante observamos como dá máis enerxía aos tons e ás súas reflexións espaciais.
Esta mellora é particularmente forte no canto colectivo dos tons sostidos. A nube de voces pode ter máis intensidade camiñando, por exemplo, cara ao centro dun espazo e logo retrocedendo de novo aos seus bordos. Mesturando entre si, as voces descentralizadas convértense nun conxunto de frecuencias con harmonías e disonancias cambiantes. Cando se cantan as mesmas frecuencias, refórzanse entre si e, con pequenas diferenzas tonais, poden formar un continuum moi interesante. As experiencias proporcionadas por este proceso performativo permiten que o espazo vocal físico sexa coreografiado.
A traves de diversos exercicios e performances para sitio especifico, exploraremos a escoita, a respiración, a vocalización e o camiñar como medios para facernos mais conscientes da contorna acústica e do noso corpo.
Coa intención de evidenciar como a percepción do espazo acústico cambia cos nosos movementos, realizaremos os exercicios en lugares que teñan unha resposta acústica peculiar para logo elaborar unha ou varias performances colectivas. Asi mesmo a través de conversas, escritos e debuxos produciranse partituras experimentais e documentación da experiencia.
Ao día seguinte haberá unha presentación pública dos resultados do obradoiro antes do concerto de Janneke-
Aquí podedes ver un exemplo dun obradoiro impartido por Janneke van der Putten nun bosque de Francia: https://vimeo.com/100585448
Janneke van der Putten (Amsterdam, 1985) é unha artista con sede en Róterdam. A súa práctica inclúe experiencias de escoita, peformances, son e vídeo, documentación en imaxe / texto / téxtil, talleres, proxectos musicais e creación de plataformas de intercambio cultural. A súa voz é a súa principal ferramenta, guiándoa a través de exploracións físicas e sónicas en diferentes paisaxes.
O contribución do obradoiro para a artista é de 12 €
Inscricións: liceomutante@gmail.com
A duración do obradoiro é de catro horas e o horario poderase convir entre os participantes. O obradoiro será impartido en castelán
A pequena residencia de Janneke van der Putten no Liceo Mutante é posible grazas á colaboración de Popunie Music Export Rotterdam e á Municipality of Rotterdam.