6 noviembre 2017

Aullido Atómico + Gog y las Hienas Telepáticas



aullido
agog

Xoves 9 de novembro ás 20.30: Aullido Atómico + Gog y las Hienas Telepáticas

Aullido Atomico, ese trío de Valencia que soamente sabe fabricar temazos de punk and roll con melodías rockabilescas veñen presentar “Decadencia”, o seu último e flamante novo disco onde se atopan eses rasgos que os definen multiplicados o máximo exponente para ser a mellor testemuña da súa identidade ata o de agora. Xa estiveron por aquí fai un tempo e flipamos coa enerxía que transmiten Don Rogelio, Jussi e Quique. Achégate ata o que será de seguro un dos concertos máis disfrutables do ano!

https://aullidoatomico.bandcamp.com/

Gog y las Hienas Telepáticas presentarán os temas do seu inminente novo artefacto “Triad”, sucesor de “Choke/Drown” e unha nova demostración do poder de esa trituradora que posúen, que desafía xéneros e definicións. Punk escuro? Rock acelerado? As pantasmas de Lemmy Kilmister e Pig Champion berran “Sí, e moito máis!”

https://gogylashienastelepaticas.bandcamp.com/

O donativo suxerido entre 5 e 8 € destinados íntegramente para os artistas. Coma sempre haberá viandas a prezos dignos da Transilvania de 1431 así que espabila e non faltes!