7 mayo 2018

Kuhn Fu



kuhn fu

Venres 11 de maio ás 20.30

KUHN FU é un cuarteto internacional e multicultural que practica unha fusión de jazz e rock collendo prestadas algunhas cousiñas do blues, a psiquedelia, o jazz avant-garde, da música clásica e de diversas músicas contemporáneas. Son coñecidos pola súa intensidade, o seu groove, a minuciosa composición dos seus ritmos, o seu xogo de dinámicas e un claro gusto pola melodía. Fundado en 2012 en Groningen, o grupo non parou de xirar dende entón, con máis de 130 concertos repartidos en 11 países. A formación está capitaneada polo guitarrista e compositor Christian Kuhn, co clarinetista israelí Ziv Taubenfeld facéndose cargo da melodía e cunha sección rítmica composta polo baixista turco Esat Ekincioglu e o batería inglés George Hadow.

«A atración principal do cuarteto reside na mistura de xéneros -punk, funk, clásica, folk, metal/grunge, marchas, spoken word…- e a facilidade pasmosa coa que o grupo concilia os cambios ametrallantes, dende poderosos e marteleantes riffs a suaves queixumes e dende berros agresivos ata amables murmuros.»
The New York City Jazz Record

http://kuhnfumusic.com/
https://kuhnfumusic.bandcamp.com/

O donativo de entrada, coma sempre íntegro para os artistas, é a vontade entre 5 e 8€.