20 mayo 2019

Qui (EE.UU.)



qui

Xoves 23 de maio ás 20.30

Qui nace no ano 2000 en Los Ángeles, cando Paul Christensen (Batería, voces) e Matt Cronk (Guitarra, voces) xúntanse para dar saída as montañas de composicións de rock experimental, punk, ruido e melodías bizarras que se acumulaban nas súas cabezas.

No 2006 súmase á banda David Yow (Jesus Lizard, Scratch Acid) e con él lanzan Love’s Miracle no 2007 en Ipecac (Selo de Mike Patton fogar de Fantomas, Melvins, Isis, QOTSA ou Ennio Morricone). Yow abandonaría a banda un tempo despois de perforarse un pulmón durante un concerto. Dous discos despois (Un deles coa colaboración de Trevor Dunn de Mr. Bungle, Fantomas) e algunhas paradas no camiño, volveron no 2018 coa súa referencia máis recente, o álbum «Snuh» (Three One G, 2018) no que sorprenden con devaneos de rock avant-garde, sumando capas e novos e sorprendentes sons orbitando en torno ó seu característico punk abrasivo, dando bandazos dende o máis pesado ata o máis suave, do grito ó susurro, da dulzura a total hostilidade contando con unha ristra de cameos ilustres coma os de Justin Pearson (The Locust, Dead Cross), o propio Trevor Dunn, ou Dale Crover (Melvins)

Podes escoitar «Snuh» no seu bandcamp:
https://qui31g.bandcamp.com/

Mirar algún vídeo e comprobar o chalados que están:
Whateryadoin?: https://www.youtube.com/watch?v=ziVSA2h3L-o
Gash: https://www.youtube.com/watch?v=scVmOzmL5qk&t

Para seguir tendo estas cosas tan especiais no Liceo será benvida e necesaria a asistencia masiva ó concerto, previo aporte de un donativo de entre 5 e 10 €. Abrimos portas ás 20.00 e o concerto comezará as 21.00, non vos despistedes!