28 febrero 2014

3º Día do Días Rariños fest: Mike Watt & The Missingmen + Guess What? + L’oeillere



rariños.jpg 2
Mike_Watt_Missingmen
guess what
l'oeillere

Mércores 5 de marzo ás 19.00

Menuda guinda para o pastel rematar o II Días Rariños Fest…

A ver, MIKE WATT é unha lenda viva no sentido máis amplo posible, fundamental na historia da música rock e referencia coma baixista único, fundador de Minutemen e Firehose, baixista de Iggy Pop & The Stooges dende o 2003, e colaborador de Sonic Youth, Nirvana, Beastie Boys ou Black Flag. Currículo dos de enmarcar vaia.

Virá ao Liceo a presentar «Hyphenated-Man» o seu último disco con The Missing Men (Tom Watson de Red Krayola na guitarra, Raúl Morales na batería)

Aprende!: http://en.wikipedia.org/wiki/Mike_Watt
Escoita!: https://myspace.com/missingmen
Mira! ::: http://www.youtube.com/watch?v=66HCBt9F8vA
::: http://www.hootpage.com/

Ademais non veñen sós, senón que veñen acompañados de dous proxectos que tamén che farán apaludir coas orellas.

Guess What? é un dúo inglés obsesionado con Yuri Gagarin, co giallo italiano, co matemático persa Al-Khawarizmi e a música de Oriente Medio. Teclados, batería, percusións,melódicas, trompetas… todo vale na súa hipnótica proposta que foi descrita coma un combate entre un Burt Bacharach acelerado e un Ennio Morricone nunha viaxe psicodélica.

http://guesswhat3000.blogspot.fr/
http://catapulterecords.com/guesswhat.html

Detrás de L’Oeillere agóchase un belga ao que lle encanta aporrear a guitarra clásica ata sacarlle sons imposibles, estructuras retorcidas en calquera espazo no que poda enchufar o seu ampli.
http://www.loeillere.com/
http://loeillere.bandcamp.com/album/fiasco

Toda esta tarde/noite de delicatessens musicais custa na máis que 7 euros para axudar a cubrir os gastos da xira

Vente oh!