O venres 27 temos merendola dadaísta punk e tenra a partes iguais. Vén Manu Griñón, asturiano sandunguero, debuxante e músico (Montañas). Esta vez vai presentar o seu último fanzine de poemas de feltro e veludo pegados con cola en macarróns de cores. Neste novo fanzine tamén xuntou poemas de area dos que sae fume de fábrica. Vainos declamar en posición de serea, e entre bloque e bloque, a Nova Orquestra de Mollabao vai soltar catro andanadas de rock-and-roll mongoloide, unha vez descrito por Ian Svenonious (co que compartiron concerto) como «un pouco como The Ex, pero máis GROOVY». Moito ollo.
Todo este delirio de tenruras e instrumentaçâo a renxer polo donativo habitual de entre 5 e 10 euros para que a peñita non palme pasta coa aventura.