11 noviembre 2019

JARS e Bloque



75292968_2548022938607063_4071817391053471744_o

O venres 15 de novembro ás 20.30 traemos cousa boa dende o leste do continente.

JARS veñen dende Moscú, viaxando nun delorean que os trae dos 90’s do grunge, o post-hardcore e o noise. Formados como power-trio, a súa música fala da Rusia moderna na que viven, «a caza de bruxas contra os anarquistas e activistas sociais, a violencia domestica e a policial e a mentalidade política propia da idade de pedra que mantén todo isto».
Os seus riffs pesados mestúranse coa rabia das verbas que expresan a súa disconformidade coa realidade que viven, influenciados por grupos coma Swans, Unsane ou The Jesus Lizard, o seu propio carácter sae á luz no seu último traballo «ПОДЛОГ» (ou «Falsificación»), escoitao aquí:

https://jars.bandcamp.com/

Xunto con eles, dende máis preto, teremos os vigueses Bloque. En palabras deles:
«Bloque é outro berro dende o interior dunha maquinaria apodrecida, Bloque son os tamborileiros de guerra dunha lexión que desfila en liña recta cara un precipicio, ou cara o colapso final, ou algo así.
«el punk es el nuevo punk»
-Pedro Kropotkin.
Ruido anarquista. »

Ven disfrutar desta aventura connosco polo habitual donativo de entre 5€ e 10€ destinados íntegramente a apoiar aos artistas!