11 noviembre 2019

Trilitrate



tril

Sábado 16 de novembro ás 20.30

ffff o
fffffffffff 0
FFFFFFFFFFF O
PLOF! x*

Pompa! pompa! fffffffffffffffffffffffffffffff (sopla) FFFFFFFFFFF (sopla forte!) FFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF PLOF!! estourou!

Trilitrate propuxéronse compoñer e interpretar a música folclórica dun mundo que aínda está por achar. A banda sonora da película que ninguén podería rodar xamais: unha especie de discurso perdido entre a épica humanista de Fitzcarraldo e as elipses narrativas do Acorazado Potemkin. Frutal Death apesta a século XX e por iso se debate entre a música contemporánea, a world music e o folk balcánico, a neoclásica e os ritmos pegados á terra. Os catro integrantes do Colectivo Metamovida propuxéronse sobrevoar e logo destruir todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada ademais por un salvaxe sentimento de independencia. (…) pezas profundas, enérxicas, salvaxes, que funcionan como testigo, neste mesmo intre, do incrible momento creativo do trío galego – cuarteto incluíndo a maxistral correspondencia visual a cargo de Laura Iturralde.

O sábado 16 de Novembro traerán a súa maxia ao Liceo Mutante, na rúa Rosalía de Castro número 100 de Pontevedra. O donativo, íntegro para a banda, é de prezo voluntario entre 5 e 10€. Haberá cea vagana e moita alegría.