10 diciembre 2019

Bear Bones Lay Low + Raymonde + Accou



78425408_2612818498794173_1310204753174593536_n

Sábado 14 dedecembro ás 20:00

Noite de triplete, noite de electrónica, noite deluxe da man de Bear Bones, Lay Low, Accou e Raymonde! Vinde quentar o corpor ao Mutante!

Bear Bones, Lay Low (Venezuela/Bélxica). Psicodelia electrónica misturada con pasaxes droneros, que progresivamente van construindo as súas cancións, chegando ata o máis enérxico éxtase. Influencias do folclore venezolano nos seus ritmos, provocando un estado de trance continuo, kraut electrónico para o corpo, déixate levar, que é ben!



Accou (Bélxica). As súas actuacións son viaxes, viaxes a través de colaxes de gravacións de campo asociadas con sintetizadores lixeiramente incoherentes, combinado con caixas de ritmos detonados ou silenciados. Déixate flotar!

https://nonlocalresearch.bandcamp.com/album/ils-sontaient-l?fbclid=IwAR0YHmh2q6tQRnKBkRpI_f1MHWqCuFynUcGBgrwKmUldkNaF1usqrAD1Hh4

Raymonde (Francia). Tribalismo electrónico, excursións ambientais e noise que dan paso ao trance basado en ritmos tribais, gravacións de campo, e demáis elementos exóticos da electrónica. Move a cachola!

https://zebresrecords.bandcamp.com/album/zebre001-jaime-bien-le-tonnerre-12

Desfrutar destas tres bandas neste recuncho da terra é algo para non perder. Pediremos como sempre un donativo de entre 5 e 10 euros para que as bandas poidan viaxar ata o infinito.