14 octubre 2020

Evento solidario co Vacaloura



sáb

Sábado 17 de outubro:
O teatro volve ó Liceo da man das compañeiras de 105 BesosTeatro xutando forzas coa comida vegana das Mute Food nun combo gastronómico-escénico ben asegurado que ten por misión recadar fondos para o Santuario Vacaloura, que con máis de 300 animais non humanes, precisa axuda nestes momentos difíciles que están a vivir. Os donativos dirixiranse enteramente a este fin, e que mellor maneira de botar unha patiña que desfrutar de teatro e petiscos!
Así, a obra, ‘Puedes Llorar los Viernes’, que amosa a loita das mulleres ó longo da historia e das circunstancias persoais de cada unha, representarase ó mesmo tempo que as compis de Mute Food disporán de deliciosos manxares veganos.

ATENCIÓN:
Para poder manter correctamente as medidas de seguridade, o evento repartirase en dúas sesións:
A primeira ABRINDO AS PORTAS ÁS 13:30 e PECHANDO ÁS 17:00 , facendo un descanso de dúas horas para desinfectalo todo.
A segunda ABRINDO AS PORTAS ÁS 19:00 e REMATANDO ÁS 22:30, ata peche definitivo.

MOI IMPORTANTE:
O aforo é de 25 PERSOAS POR SESIÓN. Para reservar entrada, derivade na entrada da páxina de Vacaloura que amosamos aquí:

https://tenda.santuariovacaloura.org/es/busqueda…
Coma sempre, o donativo será entre 5 e 8 euros. Traede máscara, desinfectádevos as mans regularmente e coidádevos moito.

Vacaloura:
https://www.facebook.com/vacalourasantuarioanimal
Mute Food:
https://www.facebook.com/mutefood
105 Besos Teatro
https://www.facebook.com/Escuela-De-Teatro-105-Besos-448739298488510