19 mayo 2021

Peña



peñi

Viva!
Peña veñen ó Liceo a presentar o seu fabuloso novo disco»Carreiro» (Repetidor), que se revelou coma unha das grandes sorpresas da música galega deste ano.
Peña non fan folk, fan o súa propia versión do folk, cunha visión absolutamente libre e moi persoal.
A música de Peña presume de colorido e formas ás veces sinxelas, outras desafiantes e sempre desfrutables. Música pura, directa á patata e cuns marabillosos textos cheos de detalles evocadores.
Peña son Elena, Toño e Rubén. Posiblemente xa os coñezas de outras producións coma Trilitrate, Cró, diola ou Unicornibot así que podes imaxinar que non andan con chiquitas.
Se queres vir asegura o teu oco mandando até tres reservas por mail a:
anticipadas.liceomutante@gmail.com
( Donativo a vontade entre 5 e 10€ )
### Se reservas e despois non podes acudir polo que sexa por favor AVISA no mesmo mail ###
·· Haberá unha listaxe de agarda xa que o aforo definitivo depende de se chove ou non ··
19.00: Portas
19.30: Concerto
Escoita: https://repetidor-shop.bandcamp.com/album/carreiro