21 noviembre 2013

8MM. Teatro presenta: Unha historia de amor ó Tarantino



Venres 22 de novembro ás 21.30

Esta proposta teatral xurde a comezos do 2013 pola necesidade de buscar un formato diferente tanto para ó artista como para ó publico. Partindo como compañía residente da Taberna Marrucho (Baiona), emprende a súa andanza e chega a participar en “Ponte Na Escena” (festival internacional de teatro da lusofonia) e “SEARA.MOV” (festival de curtametraxes e música alternativa e underground), pasando por locais de distintas localidades, Vigo, Tomiño, Baiona, Noia, Nigrán, Cangas, Pontevedra. Coa a ambicion de non colgar as “chaves” para seguir abrindo portas e co afán de divertir e provocar o público cunha proposta auténtica.

UNHA HISTORIA DE AMOR Ó TARANTINO
Miki Knox, un carniceiro de aldea cree encandilar a Mallory, unha xove femme fatale, consuman o amor e o crime en calquera taberna na que se atopen. A historia desenrolase sen moito contratempo ata que un terceiro en discordia troca as sendas do destino.
A través destes tres personaxes, o publico estará sumerxido nun ambiente de teatro-cine, a una curta distancia do actor, onde a fición tórnase realidade. Comedia macabra nun formato de encadernación teatral ao rústico e de consumo popular. Unha chiscadela a Q.Tarantino, que refrescará a mente de aqueles seguidores deste xénero cinematográfico. Pistolas, sexo e moitas risas farán un cóctel explosivo e atractivo para o espectador.

Estamos convidados a unha nova velada teatral no Mutante guiados pola experta man dos actores Jorge Gallardo, Hugo Rodriguez Castro e Patricia Torres.

Lembrade que todos debedes traer os vosos carnés, os socios mutantes entran de balde e os sociosY tamén!!! (inda que contade con levar algo para contribuir na gorra destes maravillosos artistas)