14 noviembre 2012

A.C. LICEO MUTANTE COA FOLGA XERAL!!!!!!!!



A.C. Liceo Mutante coa folga xeral!!
O Liceo Mutante e os seus membros fan parte da maioría social que está a sufrir as devastadoras consecuencias da crise capitalista. Como asociación cultural que participa e incide na vida da nosa vila non podemos deixar de secundar e apoiar a folga xeral do vindeiro día 14 de novembro.
Estannos a condenar á miseria e á emigración forzosa. Cunha taxa de paro superior ao 20%, non podemos agardar máis.
Dinnos que non hai cartos para a xente pero sí os hai para rescatar aos bancos.
Están a desaloxar ás familias sen recursos das súas casas mentres os directivos das empresas cobran xubilacións millonarias.
Os recortes do Capital non se deteñen, atacan directamente á sanidade e ao ensino públicos. Continúan as agresións indisimuladas á clase traballadora que segue a sufrir as nefastas consecuencias da última reforma laboral. Coma sempre, os máis perxudicados son aqueles que menos teñen.
Contra isto, a folga é unha das ferramentas que temos para fuxir da vida que nos queren impoñer.
Rebelión, desobediencia, insubmisión e creatividade son ás nosas armas.
Queremos unha vida digna de ser vivida!
Avante coa folga xeral!»