8 noviembre 2018

A Veces Ciclón e Corbi



aveces

Sábado 10 de novembro ás 20.30

Atentas a este sábado 10 de Novembro, temos un precioso encontro co trío de míticos, A Veces Ciclón, e o noso querido compañeiro Corbi! Vai ser máxico!

A Veces Ciclón son Óscar Vilariño (Musel, Mullet, Devalo, Vale Tudo, Volonté TAB…), Marcos Junquera (Betunizer, Estrategia Lo Capto!, Orquesta del Caballo Ganador, Laetitia Sadier…) e Xavi Muñoz (Laetitia Sadier, Litius…).
O trío entrégase en corpo e alma a un proxecto melancólico e enigmático que acaba de sacar o seu segundo traballo, “Cumbayá”, 8 cancións para a vida, coa colaboración de xente moi querida como Rubén Abad, Ibán Perez, Fanny Álvarez…que volveron a editar xunto a Acuarela.
Como no parto dunha res nunha corte ou no zumbido dun valo electrificado no monte, unha desconcertante pero agradable tensión latexa subxacente baixo a aparentemente tranquila topografía sonora de A Veces Ciclón.
Escoita a marabilla!

https://www.youtube.com/watch?v=GOY6EVCtuFU
https://avecesciclon.bandcamp.com

As cancións creadas por Corbi (Montclair, Matadero, Carne Blanca) móvense entre a fraxilidade, a dozura, o berro intanxible e o caos melódico. Nas súas letras podemos escoitar ó máis mínimo detalle o inexorable das cousas/relacións cotiás, onde cada intre é unha peza fundamental para coñecer máis de cerca as nosas emocións, eses pensamentos nos que non adoitamos reparar, pero que amosan un universo no seu interior. Só precisa unha guitarra e a súa voz para crear os seus universos, escoita algunhas pezas que ten!:


Toda a beleza desta velada, e o desfrute da vida no Liceo, aportando un donativo de entre 5 e 10 euros, para que a beleza neste mundo poida seguir a crearse, da man da xente máxica!