2 octubre 2017

About Angels and Animals



AAaA_quer_ausschnitt-1024x770

Xoves 5 de outubro ás 20.30: About Angels and Animals

Seguimos a ter a sorte de recibir visitas marabillosas, desta volta co dúo alemán About Angels and Animals.
Cunha formación exclusiva de saxos a música de AAaA atópase nun punto intermedio cando Jan Klare e Julius Gabriel derriten columnas de aire. Ambos son saxofonistas virtuosos (no bo sentido) guiados pola idea da improvisación. A súa música basease na enerxía, na tensión e na liberación, nun proceso de fonda procura que combina intrincadas pesquisas tímbricas con berros brutais herdeiros do free jazz máis volcánico e combativo.

https://juliusgabriel.yolasite.com/
http://www.janklare.de/news/

Vén facer parte desta marabilla por só unha axudiña de entre 5 e 8 €

About Angels and Animals contan coa axuda do Goethe Institut para a realización desta xira.