Venres 12 de outubro ás 20.00
Queridas Isabel e Fernando:
12 de Outubro. Descubrín algo. Avistei unha illa pequena e xeitosa no medio dunha ría. Á esquerda deixando atrás o mar establecerei a miña morada. Á dereita hai un lugar onde os salvaxes desta terra xúntanse en rituais rítmicos e ruidosos e toman ricos manxares vexetais que regan con brebaxes que custan medio pataco.
Hoxe pola hora do solpor reciben de lonxanas terras unha peregrinación de magos, bufóns, malabaristas e alquimistas:
AFILADOR veñen da capital do post-reino co seu post-punk que fai saltar chispas. Levaremos todo o ferro da carabela para que estes magos lle saquen punta e brillo. https://afilador.bandcamp.com/
TZE-TZE
son Raul e Claire, que xa pisaron esta costa con Combo Espectro el e Grosgoroth ela. Agora preséntanse neste novo formato con(des)composicións a base de zumba, mal fario, loops, pachanga, mal fario, loops, zumba e voces do máis alá.
https://www.facebook.com/Tzetzernobyl/
KRISE uníronse á caravana en Donramiro, concello de Lalín, que según a galipedia ten 1002 indíxenas e aínda así pariu xa máis dunha banda porque din os trovadores que son xente de Iribarnes.
Todo este frenesí pagán por un donativo á vontade entre 5 e 10€, que vai íntegro ás alforxas das bandas xa que o templo Mutante nútrese do traballo voluntario salvaxe. Queda marcado no mapa do novo mundo a Rúa Rosalía de Castro nº100 de Pontevedra. Eu quedo aquí co permiso das súas mercedes, paso de ir masacrar América.
Con cariño.
Christophorus Columbus
PD: A muralla abre ás 20 e a ceremonia comezará previsiblemente arredor das 20:30.