Domingo 15 de xaneiro ás 20.30
SINOPSE: Que é a morte? Hai algo despois dela? Que asusta máis, a propia morte ou a morte dun ser querido? Como é estar morto? Como dicir adeus para sempre? Por que ninguén quere falar disto connosco?
Queremos xogar para entender e entendernos, para correr círculos e chegar sempre ao mesmo punto sen termos entendido nada. Máis as que entran en escena e as que saen non son as mesmas.
Tal e como viñemos, marchamos?
Este é o primeiro espectáculo de Agulla de marear, compañía de recente creación centrada no Teatro contemporáneo, e veñen a presentalo o 15 de xaneiro ao noso Liceo Mutante.
Donativo íntegro para esta nova compañía, de entre 5 e 8 €.
Agulla de Marear (Teatro)
http://www.agullademarear.com/