25 julio 2016

AINA + ISASA (V Aniversario do Liceo Mutante)



aina

Venres 29 de xullo ás 20.15

Ai, que choro! Non o podemos crer, pero é certo: AINA TOCAN O VENRES 29 NO LICEO!!!

Para unha parte importante da xente que formamos o Liceo Mutante, Aina son unha referencia non só musical, se non tamén vital. Hai teorías que din que, de non ter prendido o lume de bandas como A Room With A View ou Aina nos corazóns da xuventude pontevedresa de finais dos 90 e comezos dos 00, o Liceo Mutante xamais existiría. A teoría, cando menos, é difícil de rebatir. Sexa como sexa, para nós é un vello soño cumprido e, sendo sinceiras, xamais pensamos que o puidésemos alcanzar. Por iso queremos que nos acompañedes, porque vai ser a hostia, porque con eles rematamos de celebrar os nosos cinco anos e porque dificilmente teremos a oportunidade de volver desfrutar do seu exquisito directo (a súa última visita a Galicia, pouco antes de separarse, foi hai 13 anos). Artur aínda nos visita regularmente con Nueva Vulcano, pero temos moitísimas ganas de ver de novo a Pau, a Titi e a Álvaro.

Para os máis novos, se non sabedes de que vai a cousa, dicirvos que Aina foi unha das bandas claves do underground estatal, abandeirados do espírito DIY e inspiración decisiva para parte fundamental do circuíto do que desfrutamos hoxe (preguntádelle a Atomizador, Negro, Isasa, Betunizer, Cuchillo de Fuego, Aries… A quen queirades!). Hai quen di que nunca volveu haber un directo igual. Os seus concertos son moi esporádicos e só se xuntan por motivos especiais, como o que nos ocupa. En resumo, é unha data HISTÓRICA.

https://www.facebook.com/ainarcelona/?fref=ts
http://www.elenanorabioso.com/2013/03/la-distorsion-inteligente-aina/
http://www.bcoredisc.com/bandas/aina-2

Incorpórase un histórico a última hora: Isasa (ex-A Room With A View) abrirá a tarde repasando o seu ‘Las Cosas’ (o disco máis fermoso dos editados o ano pasado) e descubrindo algúns temas novos, entre os cales está ‘Aina’, adicado á enerxía e ás ganas de facer cousas que transmitían back in the days.

https://lacastanya.bandcamp.com/album/las-cosas

Xa non sei que máis escribir para que vos deades conta de que isto é algo gordísimo!!!

A partir entradas a 5€ dispoñibles en Estudio Pacheco, Bar Verbena e no mesmo Liceo. Tamén haberá a posibilidade de adquirilas via internet no mail: anticipadas.liceomutante@gmail.com.

Guardar