2 julio 2019

Albatre



albatre

Xoves 4 de xullo ás 20.30

Albatre son unha fermosa apisonadora
Albatre son un power trio xermano-portugués, radicado en Roterdam, nos Países Baixos, formado por Gonçalo Almeida, no baixo elétrico, Hugo Costa, no saxo alto, e Philipp Ernsting, na bateria.
Este trio sitúase na intersección do free jazz e do rock, ancorado nunha postura punk e metal, explorando con arte a distorsión magmática, mais tamén deixando espazo para os matices e os detalles.
Un son pesado, enfadado, aturdido, baseado en riffs ou totalmente abstracto, con ritmos salvaxemente rápidos ou ben pesados, que busca sempre o máximo impacto sonoro
Ademais todo está envolto en imaxess ao vivo realizadas polo cuarto membro desta unidade, o artista de vídeo 5upleft.

https://albatremusic.wordpress.com/

Vén beber desta fonte por unha axuda entre 5 e 8€ para os músicos que veñen de lonxe