20 agosto 2021

Alberto Montero



berto

Venres 20 de agosto

Nada como as visitas dxs vellxs amigxs para axudarnos a saír do burato. Hai xa tempo da última que nos fixo Alberto Montero: daquela eran os tempos de «Arco Mediterráneo» e practicaba un pop, aínda que sempre introspectivo e poético, caracterizado pola súa luminosidade; viña habitualmente acompañado por Xavi Muñoz e Marcos Junquera, posiblemente o tándem rítmico con máis aparicións sobre o escenario mutante (aperta alá onde esteades), e Román Gil. Moitas cousas cambiaron dende entón, escenario pandémico global aparte: Alberto sacou dous novos discos «La catedral sumergida» e «El desencanto» nos que, se ben se mantén fiel ós seus intocables Beatles, Vainica Doble, Pink Floyd ou Debussy, afonda na introspección explorando recunchos máis escuros e menos transitados; dicíanos tamén Alberto estes días que tiña moitas ganas de presentarnos á súa nova banda, na que permanece incombustible Román, e que lle facía moita ilusión descubrirlles un sitio como o Liceo Mutante. Same here, Alberto!
https://albertomontero.bandcamp.com/
Se queredes formar parte deste reencontro reservade a vosa entrada escribindo un mail a anticipadas.liceomutante@gmail.com con asunto «Alberto Montero» indicando o voso nome e o número de sitios que queredes reservar (máximo 4).
– Entrada: a vontade entre 5 e 10€ (donativo destinado íntegramente para xs músicxs)
– Apertura de portas: 20.00 / Comezo do concerto: 20.30
– Aforo limitado
– Para que o Liceo Mutante sexa un lugar seguro para todxs, solicitamos a vosa colaboración no respecto ás medidas sanitarias.
*Foto: Patricia Gázquez