14 diciembre 2012

Aldaolado: Con dez poemas por barba!



Venres 14 de decembro ás 21.30

A poesía chega ao Liceo por fin, pero no chega dun xeito normal.
Chega da man das esmendrellantes autoras de espectáculos coma:
«Onde estea un cubata que se quite un soneto» ou «Moita poesía pouca diversión» cuxos títulos xa son declaracións de intencións.
Así o explican elas:
Aldaolado

presentan

Con dez poemas por barba
un espectáculo de poesía, historias e cancións
para emocionar a aqueles que odian a poesía

Como é un espectáculo de poesía, o título non é outra cousa máis ca unha metáfora. Relamente son menos poemas cada unha e nós non temos barba, non só hai poesía e hai moitas historias, algunhas que nos pasaron e teñen que ver cos poemas e outras que nos contaron e veñen a conto dalgún verso. Tamén hai cancións, as nosas preferidas e moitas ganas de compartir co público, de xogar, de emocionarnos e divertirnos. Un recital de poesía que non é eso que cres que é un recital de poesía de señores con barba.
Con dez poemas por barba, pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado alectura de poesía non pode ser algo que adormeza
o espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión… pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira.
Con este e outros dous espectáculos anteriores (“Onde estea un cubata que se quite un soneto “ e “Moita poesía, pouca diversión”), Aldao e Lado levan xa seis anos circulando por teatros, salas, festivais de poesía, museos, casas da cultura, institutos, bares e outros moitos sitios insospeitados dentro e fóra das fronteiras galegas. O seu recital adaptase a cada circunstancia e a cada público porque a súa esencia é o directo, a inmediatez.
Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz de Lucía.

Aquí podedes ver como as gastan:
http://www.youtube.com/watch?v=8N0o3WQo-5w
http://www.youtube.com/watch?v=OH0A7eiiSv8
http://www.youtube.com/watch?v=1JZfSi_oUG8
http://www.youtube.com/watch?v=aWBw3MRJBec
http://www.youtube.com/watch?v=Yx1oQrvrZ0c

Risas e emoción garantizadas por só tres euros destinados integramente a cubrir os gastos das poetas
Colabora!