18 septiembre 2018

Ale Hop e Carne Blanca



ale hop

O venres 21 de xaneiro ás 20.30 temos unha noite de altura, contamos coa especial visita de Ale Hop e o debut dos mutantes Carne Blanca!

Ale Hop é unha artista electrónica experimental peruana, residente en Berlín. Cabalgando nos mares da electrónica experimental noise-pop, gañou a residencia do Red Bull Music Academy New York 2013, presentando así o seu primeiro “La Guerra Invisible” e facendo a súa primeira aparición nunha Boiler Room. Cando non se adica a crear as súas composicións propias traballa compoñendo para proxectos teatrais, filmes e composicións audiovisuais como o video-album “PANGEA”, unha curta que inclúe 10 composicións feitas por diferentes artistas. Agora ven presentando o seu último álbum, “Bodieless”, onde traballa o mundo do pop abstracto cheo de noise e extractos ambientais, escoita!

https://alehop.bandcamp.com

Main Home



https://www.youtube.com/watch?v=0JE0sfWbxpg

Para o Liceo Mutante sempre é un placer indescritible ver nacer outra banda no seu interior, Carne Blanca son os novos, Sergio nos mandos instrumentais e Corbi na voz coa súa visceralidade no relato cantado. Exploran os mundos da electrónica industrial-ambiental, onde podemos cheirar a bandas tan queridas como Suicide, Esplendor Geométrico, Robert Wyatt, Nico, Tim Buckley, Mingus ou CAN e Neu! A súa misión principal é mergullarrte nun ciclón de son, para así susurrarte ó oido os relatos da vida, mentres andas metido nun mantra de ritmo que non che deixa parar, vas flipar!

https://www.facebook.com/Carne-Blanca-2036803686340391/?rc=p

Vén desfrutar destas dúas marabillas aportando un donativo de entre 5 e 8 euros íntegro para as bandas, para que así poida seguir brotando a vida!

Foto de Brayan Flores