25 mayo 2016

Älforjs



1936207_1008394159236623_3700376215313621715_n

Xoves 26 ás 20.30
Trio xerminado no contexto dun obradoiro de Carla Bozulich no Out.fest en 2014, os Älforjs chegan agora a un primeiro e importantísimo punto de definición e aplomo coa edición de ‘Jengi’.
Aliñando tres nomes con peso no seo da música máis destemida feita en Portugal, nas figuras de Bernardo Álvares, Mestre André e Raphael Soares, ernrédanse nunha selva de polirritmos e percusión expansiva, nubes difusas de electrónica, estalos de saxo e baixos hipnóticos. Cerimonias voodoo e psicadelismo febril, en longas pezas dun ritualismo tan celebratorio como enrevesado.
Acentuadamente tribalista envolta nunha parafernalia de instrumentos de percusión compartidos por todo o trio, combinada coa omnipresente electrónica e cos “riffs” de contrabaixo ou de baixo eléctrico, resulta unha combinación nada obvia e nada previsible de jazz, rock, experimentalismo electroacústico e música africana, tan misturada e tan indisociable que parece forxar un novo estilo.




https://www.facebook.com/alforjs

Por só catro euriños
Esperámoste!!!

Guardar