[ENTRADAS ESGOTADAS]
Sentíndoo moito xa non nos quedan entradas dispoñibeis para este evento, debido ás medidas provocadas polo Covid temos un aforo moi pequeniño.
Pronto anunciaremos máis actividades, animámovos a estarvos atentas, temos moitas ganas de vós!
Moitas grazas polo apoio e a comprensión!!
Sábado 1 de agosto ás 20.30
Amigas,
Botámosvos de menos, moito. A situación é moi complicada, se cadra aínda máis para espazos precarios e autoxestionados coma o noso.
Pero queremos probar a facer algunha cousiña, pequena, fermosa, distinta. Con aforos pequenos e gardando as distancias
Queremos facelas con moito coidado, con responsabilidade, coidándonos. Tamén coa vosa axuda queremos que o Liceo Mutante sexa un espazo seguro, e depende de todas.
A ilusión é grande!
Imos inaugurar o mes de agosto cun espectáculo de poesía sonora a cargo do músico, poeta e artista visual portugués Alfredo Costa Monteiro.
O asunto vai disto:
A poesía de Alfredo Costa Monteiro e políglota e ruidosa
O propósito do seu traballo radica na musicalidade da linguaxe levada ao límite dos seus atrincheiramentos fonéticos, dando a mesma importancia ao son e á semántica, nun marco combinatorio que xera a súa propia arquitectura.
Cada texto está construído con fragmentos maleábeis a unha multitude de significados que sacan ao oínte da súa postura pasiva para levalo a un estado de constante tensión no seu intento de detectar o sentido no medio do son.
Detrás do que se di, aflora outra linguaxe, inconsciente, resoante e inherente a todo tipo de discurso que xeralmente non se manifesta, pero que neste contexto adquire un lugar propio por dereito: o de ser tamén un obxecto de comunicación.
Debido á nova situación e á limitación do aforo, pregámosvos que se tedes pensado vir (tamén as socias mutantes) mandedes un correo a anticipadas.liceomutante@gmail.com e alí xa vos comentamos como hai que facer.
Agradecemos moito a vosa comprensión nas novas dificultades que nos formula esta situación.
Nesta nova etapa non podemos facer cea para as asistentes, polo que vos animamos a que non pasedes fame e traigades o que queirades papar
Lembramos que o Liceo Mutante non é un bar, nin unha sala de concertos. É unha asociación cultural e un espazo sen ánimo de lucro autoxestionados por persoas voluntarias