10 abril 2018

Anómico Teatro presenta Chuvia



anomico
anomico 1

Xoves 12 de abril ás 20.30

A compañía de teatro viguesa “Anómico Teatro” volta ao Liceo cunha nova proposta: CHUVIA.

SINOPSE:

Watt e Olf, dous homes cun forte trazo intelectual, atopan na súa vivenda a un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, pero que espertará neles todo tipo de especulacións.
Dende a alegoría e o surrealismo, Chuvia constitúese nun relato onde a inacción e a inercia dos seus personaxes contrasta co drástico devir dos acontecementos, e onde a expresión das emocións agocha unha insoportable incapacidade para asumir a preta existencia do Outro.

Entrada a vontade entre cinco e oito euros íntegros para a compañía!