20 febrero 2018

Anómico Teatro presenta: «CHUVIA»



anomico

Sábado 24 de febreiro ás 20.30: Anómico Teatro presenta «CHUVIA»

SINOPSE

«Watt e Olf, dous homes cun forte trazo intelectual, atopan na súa vivenda a un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, pero que espertará neles todo tipo de especulacións.

Dende a alegoría e o surrealismo, Chuvia constitúese nun relato onde a inacción e a inercia dos seus personaxes contrasta co drástico devir dos acontecementos, e onde a expresión das emocións agocha unha insoportable incapacidade para asumir a preta existencia do Outro».

Dirección e texto: Julio Fernández.
Con Roberto Leal, Alberto Rolán e Manu Dosouto.

Entrada a vontade entre 5 e 8 euros, íntegros para Anómico Teatro!