O sábado no liceo ás 20.00 temos: labazadas.
Si, temos lapadas, lapotes, moufadas, sopapos. Veñen a facer un obradoiro destas artes os Antihumano desde Oñati, paraíso das montañas de Euskadi. Ráfaga de gaztetxe hardcore-punk, acelerado e enfermizamente melódico. Denominación de orixe. Isto se fai así:
http://antihumano.bandcamp.com/releases
Representando a provincia temos a peñita de Coia, oiste? Veñen os Murdock’s Murder a facer unha belísima serenata de crust-punk sanguinario e chistoso a partes iguais. Se te pira. Atenti a adagios do calado de «Infurelax»:
SALVAJE son xente de Rojo 2, Ofensiva, Carcomedhi…poderío e amor
Todo este alegre simposio de patadas na puta cara por 5€ que lles prenderemos ás bandas dos imperdibles, ou de onde elas queran. Estamos para servir.