26 noviembre 2017

Api Uiz + Alexandre Losada



api uiz 2
15665552_10154794627397999_470900470289183170_n

Sábado 2 de decembro ás 20.30

O sábado 2 de decembro temos unha noitiña de intensidade formal e de fondo no Liceo Mutante.

Api Uiz puxeron o Liceo patas arriba o Liceo un domingo fai 5 anos:

ben, pois están de volta!
Dende hai máis de vinte anos e fóra dos circuítos comerciais, os membros de Api Uiz funcionan como unha célula autónoma a través dos escenarios de toda Europa e ata América.
Intensamente enérxica, áxil nas viravoltas e rápida nas rectas, a música de Api Uiz é complexa sen seren complicada e evita, case sempre, o accidente…..por pouquiño!
As estruturas polirrítmicas e os cruces da enerxía punk coas secuencias do zouk convértense case en música africana, en rock experimental inestable de fluxos eléctricos. Curvas estreitas que os encamiñan ao sur, para seren illas imperdibles.
Groove fervente, enerxía tráxica e ritmos sobreexcitados. Rock de espíritu punk colorado de rumba congoleña e pop decadente.
As composicións son unha alternancia de partes repetitivas e voos febrís. E detrás de todo iso, ritmos ruidosos onde sobreviven melodías sedutoras e extravagantes. Porque o grupo sempre espera contribuír á supervivencia da alegría y do drama.

Os Api Uiz, con ascendencias do país pero habitantes da lonxana Burdeos, vertebrais no circuíto DIY europeo, a través do seu selo/plataforma Potagers Natures son unha das banda favoritas de The Ex cos que teñen xirado en innumerables ocasións, así como con Thurston Moore, Melt Banana e unha morea de nomes míticos.
Veñan con disco novo Peplum, unha configuración que fará estoupar os teus oídos e botar a voar os teus pes.
https://apiuiz.bandcamp.com/

O noso querido Alexandre Losada, habilidoso e victorioso xogador do videoxogo da improvisación e os circuítos underground, gañando a partida aquí, en Praga ou en Berlín, estará abrindo a noite elaborando un soufflé de imprevisibilidade e as infinitas posibilidades dunha mente aberta (a túa).
Alexandre traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra coma fonte infinita de sons agochados. Emprega a guitarra para torturala, agarimala, retorcela e facerlle cóxegas coas súas estranas técnicas, nun proceso cheo de sutileza pero que non escapa da crudeza e da enerxía.

Constrúe un niño no teu interior con arte e amor, solicitando nada máis que entre 5 e 8€ íntegros para os artistas. Axudámoste a medrar e medramos en Rosalía de Castro, 100, sétimo ano.