Domingo 28 de outubro ás 20.30
Os Api Uiz son bailongos. Son excesivos e radicais. E son simpáticos e saltaríns e hipnóticos como unha bola saltarina daquelas. Practican un deporte de risco musical entre o noise , o mathrock , o punk e a música africana do que non poderás saír ileso. Creadores do ínclito selo discográfico e plataforma «Les Potages Natures», e unha das bandas favoritas de The Ex.
Vanche deixar lelo.
Os seus discos:
http://www.lespotagersnatures.org/spip.php?article9
http://www.lespotagersnatures.org/spip.php?article31
http://www.lespotagersnatures.org/spip.php?article17
http://www.lespotagersnatures.org/spip.php?article1
http://grooveshark.com/#!/artist/Api+Uiz/1843346
Veñen acompañados por Arnaud Riviere, artista da máquina e o ruído, colaborador de xente como Otomo Yoshihide, Sophie Agnel, Xavier Charles ou a Nihilism Spasm Band. Un crack que non vos podedes perder.
http://http.http.http.http.free.fr/
A marca da casa esta vez ven por parte de Alexandre Losada, ilustre barbudo mutante, o mellor representante da vangarda que temos por aquí, e habitante de honra dos nosos corazóns.
Todo isto por catro míseros euros (como donativo para que as bandas paguen a gasofa) que ías gastar nun xelado de diseño guai deses.
Ás 20.30h, con amor comezamos.