Martes 29 de marzo ás 20.30
Fainos unha grande ilusión poder anunciar a visita dos noruegueses Arabrot ao Liceo para presentar o seu novo disco The Gospel.
Os de Haugesund veñen presentar ‘The Gospel’, o seu sexto disco, gravado por Steve Albini e coas colaboracións de Stephen O Malley, Andrew Liles ou Lasse Marhaug, e onde Kjetil Nernes volca as súas experiencias durante o tratamento, cirurxía e recuperación dun cancro maligno de gorxa.
Arabrot posúen un directo devastador e veñen tirar abaixo o Liceo co seu rock ruidoso, salvaxe, demoledor e arriscado que os emparenta directamente cos Swans, Melvins ou Throbbing Gristle.
https://arabrot.bandcamp.com/
Pedirase unha axuda de só 5 euros, íntegros para os músicos.