13 abril 2016

Aries + Afrika Pseudobruitismus



aries

Venres 15 de abril ás 20.15

Noitiña de primavera, de electrónica, de pop, de ambient e de psiquedelia deluxe.

ARIES
Isa, a nosa mellor amiga, as noves fillas de Zeus, a princesa Chicle, acabada de chegar da súa xira por USA, trae calentito o seu último traballo, ‘Adieu or Die’, publicado por La Castanya e polo histórico selo K Records do noso vello amigo Calvin Johnson. A nós non nos quedan palabras coas que demostralle o noso cariño e admiración, así que tiraremos de Marc (Nisei, Sot), que dixo unhas cousas moi bonitas e interesantes :
«Un disco valiente, compuesto e interpretado íntegramente por ella, en castellano, y que no rehuye cierto gusto por la experimentación. No es poca cosa. Isabel me lo explicita como algo muy importante para ella: “Lo he hecho todo yo sola. Cada sonido es mío,cada sintetizador, cada melodía, cada ritmo”. Esto ya sería un mérito en sí mismo en la poco feminizada escena española (aunque nombres como Mursego, Maria Rodés o Lidia Damunt le estén dando un vuelco a esta situación), pero es que además el resultado final es brillante. Adieu or Die es una pequeña obra maestra de artesanía
pop que entrelaza tradiciones musicales clásicas y modernas con una soltura y un frescor difíciles de encontrar.»

Isa, querémoste! ♥ ♥ ♥

https://www.facebook.com/ARIES-220872434647076/?fref=nf

http://lacastanya.blogspot.com.es/
Adieu Or Die [KLP262]

PSEUDOBRUITISMUS AFRIKAMUS
Con bagaxe e formación musical clásicas, varias peles ou pseudónimos activos en diversos eidos estéticos e ducias de referencias publicadas nos selos internacionais que máis e mellor exploran a inspiración xenuina (e ceiba) da música experimental, o traballo inesgotable de Erik Hurtado Saura atopa o seu cumio expresivo, por alusións e por multimedia, nas súas cambadelas en directo. Creador incansable e dadá, hábil na significación de tropos, memes e lazos hipertextuais, amigo da deconstrución e dos pregos de senso, Afrika Pseudobruitismus desentraña con habilidade intrigas musicais e rutas alternativas nunha sorte de metalinguaxe musical que fai da new age e a electrónica de aventuras o seu principal magma; e do pasado, presente e futuro, a súa constante erupción e ciclo reverberado.
Nas súas composicións, con excursións polo noise, psiquedelia, drones, spacekraut ou kosmische, o collage e as dinámicas clásicas toman corpo e arrolan ó mesmo tempo pop, intelixencia, ironía e música culta, facilitando un estrano e lúcido traslado de apneas e paramnesias cara a outra dirección no anverso do símbolo.

https://afrikapseudobruitismus1.bandcamp.com/
http://pseudobruitismusafricamus.blogspot.com.es/

DONATIVO: 5€ integramente destinados ós artistas.

Guardar

Guardar