2 marzo 2017

Ataque Escampe + Oh Ayatollah!



ae

Venres 3 de marzo ás 20.30

Veñen da capital a roubarnos o noso mojo e facernos bailar e corear, semella un trato xusto…Estas dúas bandas compostelanas farán unha mostra de como vai a cousa no mundo pop-vitalista na capital da choiva.

Seguro que coñeces aos Ataque Escampe. Dando o callo dende o 2006 polos garitos, palcos da orquestra e grandes escenarios, activos dende Discos da Máquina, músicos serios con estudios e referencias, figuras capitais do pop compostelán, van pasando fases e deixando temazo tras temazo, xa sexa soando lixeiros, ledos ou tristóns, dándolle ao disco, soul o que faga falla.
Atentas que están a presentar os temas do que será o seu próximo álbum, mira pa aí:
https://ataqueescampe.bandcamp.com/

E os Oh Ayatollah? Que pasa? Que co seu pop primario, vívido, garageiro e divertido queren enganarte…mira ben, atende…Nas cancións de Oh! Ayatollah hai amor, hai amizade, hai dramas da mocidade e da non tan moza xa mocidade, que xa nos vai tocando. Todo aderezado, ensartado, baseado nunha armazón de pop xuvenil 120% rollo marzo. Remata o inverno!!!
https://ohayatollah.bandcamp.com/

Guardar