12 julio 2016

Atomizador + Anti S.



atomi

Venres 8 de xullo ás 21.00

Confluencia de talentos renacentistas este venres no Liceo. Jose (Atomizador) e Santi (Anti S) son músicos, debuxantes, creadores de divertidos universos asfixiantes e de fugaces travesías sonoras. Son tamén dúas das nosas persoas favoritas, cousa que tampouco vos importará moito pero que queremos que saibades.

ATOMIZADOR
Xa coñecedes o CV de Jose: A Room With a View, Ensaladilla Rusa, Campamento Ñec Ñec, Extinción de los Insectos… Se a vida fora xusta, semellante expediente bastaríalle para ser ministro, pero, como a vida é unha cacharrada, safamos e podémolo traer de cando en vez a tocar. Logo de publicar o imprescindible «Fuego» (La Castanya/Afeite al Perro 2015), Jose adianta que tocará moito material novo, polo visto algo máis repousado que os seus habituais chutazos de luminoso, retorcido e indescifrable punk acústico, que tampouco ha faltar no menú. Un dos grandes da nosa era. Os nosos tataranetos estudiarano no cole, xa veredes.

https://atomizador.bandcamp.com/album/fuego
http://afeitealperro.blogspot.com.es/

ANTI S
Santi Zubizarreta (ex-Los Locos Hongos e membro actual de Meus) é un pirámide, un figura, un sheriff. Ten unha guitarra que fixera con Yuri Landman que emite unhas distorsións e uns acoples infernais, pero a que el sabe como darlle xeito para se marcar uns temas emporcallados, obsesivos, lonxanamente melódicos, que deixan parvo a quen ten a sorte de velos en directo. Nos seus concertos, Santi deixa a porta do seu cerebro aberta e un pódese asomar a ver que hai e incluso tirarlle dentro paus e movidas.

https://anti-s.bandcamp.com/releases

Non sei por que, pero isto cheira a que vai ser a hostia. ¡Esto huele a Goya, Emilio!

*Donativo de 5€ íntegramente destinado ós artistas

Guardar