18 septiembre 2018

Atomizador e R.OB.O.



atomizador

Foi un bo verán este para o Liceo. Aínda que lle pediremos que espere un pouquiño, que nos deixe un derradeiro chapuzón sen turistas (este ano deron ben a chapa), merece unha boa despedida. E vaia se a vai ter, me cago en diola! O día 22 chega ó Liceo unha furgoneta cargada cos Globetrotters do punk madrileño. Esta é a movida:

R.O.B.O.:
Unha especie de superbanda formada por xente de Sudor, Moho, Las Señoras, Muletrain, Aerobitch, Denak, Looking For An Answer entre moitos outros proxectos flipantes. Facturan un punk rápido, directo, sen lerias nin paparruchadas, contudente coma o puñazo que lle arrearon a Rajoy na Peregrina. En marzo publicaron «Negación», un disco guapo pero de verdad. Escoitádeo e xa nos diredes:

https://robopunk.bandcamp.com/

Atomizador:
Alguén precisa a estas alturas que lle falemos de Atomizador? Temos que contar o de que leva o selo -para nós xa de culto- Afeite Al Perro e o de que tocou en A Room With A View, Ensaladilla Rusa, Campamento Ñec Ñec, Extinción de los Insectos, bla, bla, bla…? Non sabedes que é un dos nosos convidados favoritos de tódolos tempos? Nunca escoitastes o seu pop delicado, hipersónico por momentos, remanso de paz por outros, sempre vibrante e sempre emocionante? Sabedes que lle gusta facer versións de artistas ós que admira e que as escolle cun gusto so equiparable ó de Pablo Juncal Buceta no seu vestir?

https://atomizador.bandcamp.com/

Amiguis, non sexades parvis e vide queimar os vosos bañadores connosco.
Entrada a vontade entre 5 e 10€ integramente destinada para as artistas.

Cartaz por Haz