24 agosto 2021

Atomizador + LCTRCT



atomcute

Venres 27 de agosto: Atomizador + LCTRCT

Conxunción astral a que nos visita este venres: Atomizador e LCTRCT. LCTRCT e Atomizador. Dúas figuras aquí admiradas xa non so polos seus atípicos e alucinantes plantexamentos musicais, senón tamén por un labor incansable de anos de difusión e defensa dos tesouros musicais (e, por extensión, artísticos) máis subterráneos e marcianos imaxinables dende os fanzines «Manchas y Ruído» e «Electrocute Zine». Ademáis, sempre amosaron un amor incondicional polo Liceo Mutante que dende aquí proclamamos mutuo ós catro ventos. Poucas tardes de agosto máis guais que esta ides vivir

ATOMIZADOR
Punk transdimensional. Pop radical. Psiquedelia sen drogas. Tobogán ultrasónico polo arco da vella. Unhas melodías tan fermosas, estrañas e fugaces que, coma as mellores cousas da vida, cando as queres atrapar xa pasaron.
https://atomizador.bandcamp.com/

LCTRCT (Dj set)
Dende os seus inicios como co-fundador do Electrocute Zine a principios de século, obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. No 2007 afincouse en Berlín, onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a novos territorios, rompendo fronteiras, reinterpretando a fusión multicultural na súa faceta como picadiscos e descubrindo que os patróns rítmicos de África están en todas partes, impresos en cor vermella profunda.
(texto extraído de Colapsoloxías)
http://colapsocolectivo.org
Reservade a vosa entrada escribindo un mail a anticipadas.liceomutante@gmail.com con asunto «Atomizador + LCTRCT» indicando o voso nome e o número de sitios que queredes reservar (máximo 4).
– Entrada: a vontade entre 5 e 10€ (donativo destinado íntegramente para xs músicxs)
– 19.00: Apertura de portas / 19.15: LCTRCT (Dj set) / 20.30: Atomizador / 21.15-22.30: LCTRCT (Dj set)
– Aforo limitado
– Para que o Liceo Mutante sexa un lugar seguro para todxs, solicitamos a vosa colaboración no cumprimento das medidas sanitarias e no respecto ó espazo e a tódalas persoas asistentes.