24 abril 2017

Aurora (Janneke van der Putten)



janneke

Xoves 27 ás 20.30

Temos moita sorte no Liceo de poder establecer esta pequena colaboración coa artista holandesa Janneke van der Putten a través dunha pequena residencia.

O mércores 26 ofrecerá un obradoiro sobre a voz e o espazo, toda info aquí: https://www.facebook.com/events/1947438532151699/
O día seguinte, o xoves 27, ofreceranos conxuntamente cos participantes do obradoiro unha presentación dos resultados do mesmo ademais dun concerto do seu proxecto Aurora.

Aurora é o novo proxecto de Janneke que abrangue ensoñadoras cancións, teclados oníricos, noise hipnótico e gravacións de campo, formando unha experiencia sonora moi intensa, fermosa e misteriosa.

Aurora (Janneke van der Putten – Artist)
http://jannekevanderputten.nl/

Pedírase unha colaboración de entre 5 e 8 euros

A pequena residencia de Janneke van der Putten no Liceo Mutante é posible grazas á colaboración de Popunie Music Export Rotterdam e á Municipality of Rotterdam.

Guardar