Mesa of the lost women & Junko no Liceo!

Martes 28 de maio ás 20.00
Se fai uns anos alguén nos di que Junko e Mesa of the Lost Women ían estar en Pontevedra tomaríamolo por tolo.
E quen son Junko e Mesa of the Lost Women?
Junko é a “cantante” de Hijoakaidan, impresionante banda xaponesa de improvisación e noise, cuxos directos son sempre espectaculares, ademais é colaboradora de xente como Mattin,Otomo Yoshihide, Borbetomagus, Nihilist Spasm Band ou o noso amigo Michel Henritzi.
Junko é a responsabel duns berridos cargados de beleza e terror.
Pola súa banda, Mesa of the Lost Women son un dúo francés (as bandas francesas que tocan entre semana no Liceo sempre a lían parda) formado por Yves Botz, compañeiro de Michel Henritzi nos intimidantes Dustbreeders, e Christophe Sorro á batería e electrónica. Os dous xuntos forman unha célula de free rock infestado de ruído, gostosa de colaborar con francotiradores como Jac Berrocal, Cathy Heyden ou Junko como neste caso.
“O LUME NON ESTÁ MORTO” din deles ao escoitar a súa música tribal e hipnótica.
Temos a gran sorte de que, xuntos todos, Junko e Mesa of the Lost Women paren no Liceo no medio da súa xira para presentarnos o seu disco titulado “I remeber how free we were” unha explosión libertaria, ruidosa e corrupta levada ao límite pola voz de Junko.

Del din:
“Liberdade cataclísmica dende o norte de Francia. Gravado nunha cova en Metz. Captura a rebelión da forma, unha ruptura, o derradeiro final na busca da liberación. Un verdadeiro berro primario, a batería de Sorro (ás veces procesada a través de efectos cutres) navega entre un ataque sen prisioneiros e un muro de ruído branco, mentres a skullfloweriana distorsión escura da guitarra de Botz eleva a relación entre movemento e efecto cada vez máis cara o efecto sen artificios. As dinámicas cambian sutilmente e todo o prato é martelado ao estilo dos Harry Pussy en 30 minutos e acompañado polos lacerantes berros que saen da gorxa de Junko.”

“Vin dúas veces a Mesa of The Lost Women:
Unha vez debaixo dunha ponte en Metz onde executaron o seu jazz morto, feito de ruído branco (Ornette Coleman), berros tolos (Albert Ayler). Diante dalgúns curiosos, a sospeita dos punks e os cans ladrando.
A outra vez foi nun bar de Nancy onde vin unha das máis fermosos e nítidas tomas de poder da miña vida.
En ambas as dúas ocasións Mesa of The Lost Women tiñan todo o que amo dun certo free jazz. Un xogo cheo de enerxía extrema no que a tensión medra. Se cadra a única diferencia entre o Interstellar Space de Coltrane e este disco son as armas empregadas. A batería segue a ser o pilar, pero reemplazando o saxo para berrar por unha guitarra que fai ás veces de martelo e outras de taladro e un canto iluminado de rabia.
Neste disco, están as dúas caras.
Nas dúas caras, dúas vidas.”

“Fatalmente defunto na súa loita a favor da liberdade, o jazz volve… Unha morte afumada e ruidosa, máis poderoso que nunca, pero interrompido e balorento, melancólico e pervertido. Está aquí para recordar antigas e ocultas ceremonias carnais”

http://mesaofthelostwomen.bandcamp.com/

http://cathy.heyden.free.fr/sons/Mesa_of_the_lost_women_230509.mp3 (con Cathy Heyden & Jac Berrocal)

Junko: http://www.youtube.com/watch?v=cd8bvXGAD6Y

Pedírase unha axuda de catro euros para cubir os gastos dos músicos.

Guerrera volven ao Liceo!!!

Sábado 25 de maio ás 20.00
Esperabamos con impaciencia a volta de Guerrera ao Liceo para presentar o seu flamante “Under the Gypsy Sun”, discazo do que no Liceo estamos moi orguiosos dado que a súa portada foi serigrafiada artesanalmente no noso taller. Os que xa sentirades nas vosas carnes o fervente maremoto de riffs e psicodelia que xeneran en directo podedes dar fe de que é unha experiencia digna de ver, os que non, preparádevos para quedar coa boca aberta!

http://guerrera.bandcamp.com/

https://www.facebook.com/guerrerablues

Podes achegarte ó Liceo dende ás 19.00, e disfrutar de Guerrera a partires das 20.30. Haberá coma sempre avituallamento a prezos populares. Poderás aportar 4 euros coma donativo directo para á banda, coma sempre no Liceo Mutante.

Cineclube do Liceo Mutante: As margaridas


Mércores 22 de maio ás 21:00

O Cineclube do Liceo retoma a súa programación despois do parón da semana pasada motivado polo concerto de DDJ.
Esta semana proxectaremos o filme da directora checa Vera Chytilova: As Margaridas ( Sedmikrásky, Vera Chytilová, Checoslovaquia, 1966, 76′,VOSE)

Sinopse:
Dúas rapazas novas conclúen, mentres toman o sol, que “se neste mundo todo está corrompido, estaremos corrompidas nós tamén”. Así se activa o mecanismo que pon en marcha a película: unha tras outra, iranse producindo escenas inconexas nas cales as dúas protagonistas xogan a ser malas co seu ámbito. Enganan homes maduros para comer gratuitamente, escriben e debuxan nas paredes da súa casa, improvisan un baile nun cabaré para boicotear o número que está en escena, engolen e despezan os manxares dun banquete preparado para outros. Rompendo toda linealidade narrativa e empregando a técnica collage tanto a nivel visual como auditivo.

O peculiar xeito de comportarse das dúas rapazas protagonistas é toda unha oda á rebeldía e a desobediencia. O que empeza sendo unha desorde de aparencia pueril acaba converténdose nunha destrución de grandes proporcións. Cunha linguaxe máis abstracta que sitúa ao seu discurso fílmico nun plano cognoscitivo próximo ao absurdo, o filme mostra unha crítica social mordaz a partir do comportamento de dúas “margaridas” en aparencia alleas á política.

Entrada de balde

Convite aberto para participar na instalación sonora Funkausstellung de Pit Noack

Hai dúas formar de participar:
A) Madar unha mostra sonora directamente a : mail@pitnoack.de
B) Pasarte polo Liceo os días da instalación (30 e 31 de maio e 1 de xuño) e gravar algo no estudio portátil que estará alí instalado

Non son requeridas habilidades musicias. Ademais é apto para todas as idades!

A idea básica do proxecto é o desenvolvemento dunha instalación sonora nun proceso social que involucre a tantas persoas como sexa posible. Posteriormente, hai dous elementos constitutivos en xogo: por unha banda, a instalación vai ser construída a partir de compoñentes de alta fidelidade de segunda man, pola outra banda, vai seguir un principio compositivo controlado polo azar, utilizando fragmentos de son achegados polos participantes no proceso.

Para levar a cabo o proxecto, daráselle a opotunidade á xente de proporcionaren material sonoro. Durante a exposición, tamén haberá a oportunidade de gravar sons nun estudo móbil que será construído no Liceo Mutante. As decisións relativas á natureza da contribución de cada son deixase á libre elección dos participantes e non se requiren habilidades musicais. En oposición ás pezas musicais arranxadas e finalizadas cunha certa densidade sonora, todos os sons individuais ou secuencias producidas por instrumentos acústicos, electrónicos, ferramentas ou artigos de uso diario serán benvidos. Polo tanto, as dinámicas e a densidade sónora serán producidas pola continuidade do proceso e a crecente estrutura da instalación sobre a base de combinacións aleatorias coas outras contribucións.

Empregando un programa informático desenvolvido en exclusiva para o proxecto, produciranse dúas pistas estéreo individuais utilizando estes fragmentos, que logo serán trasladadas á un CD ou casette. Durante a exposición, os sistemas de alta fidelidade instaláranse pouco a pouco, e reproducirán gravacións de son individuais. Os equipos de son individuais soarán de forma permanente, mentres que as pistas estéreo individuais conterán sobre todo silencio, intercalado con fragmentos de son seleccionados ao azar. Polo tanto, o obxectivo non é encher o espazo coa densidade máis alta posible dos sons, senón crear un campo sonoro espacioso, dinámico e diverso. Dado que os soportes de son individuais non están sincronizados e se cambian regularmente, os fragmentos será postos perpetuamente xuntos para producir novas e sorprendentes formacións, que a miúdo soan coma se tivesen sido compostas. Esta composición aleatoria interminable resulta moi entretida.

O principio aleatorio de composición emprega o feito psicolóxico de que a percepción humana está constantemente na busca de regularidade e estrutura – e voluntariamente tenta descubrilas aínda incluso cando os motivos accidentais son dominantes. Compositores contemporáneos como John Cage, quen usou este principio aleatorio, cuestionaron a noción da autoría dunha obra porque o así chamado autor e a “súa” obra está sumido nunha rede de referencias e tradicións culturais. Nada nesta rede é consciente ou elemental rudimentario porque cada elemento basea os seu propio valor ou importancia, só pola súa relación dos demais elementos obtidos. Dende esta perspectiva, non é posible definir claramente un autor ou unha obra. O “autor” dunha composición aleatoria, está, de feito, fixando as regras que producen a composición. Desta forma, pode resultar sorprendido polos resultados da súa propia obra, como calquera outro oínte, e polo tanto converterse en en receptor da súa propia productividade.

Neste proxecto participaron xa máis de 160 persoas entre elas músicos como Eric Boros, Alan Courtis, Antoine Cheesex, Crank Sturgeon, Liz Allbee, Brian Day ou George Cremaschi entre moitísimos outros.

Máis información (en inglés): http://www.pitnoack.de/funkausstellung

O proxecto contará cun concerto a cargo do propio Pit Noack o venres 31 de maio

DDJ no Liceo Mutante!


Mércores 15 ás 20:00
Pouca broma!
DDJ veñen dende París armados cunha guitarra, unha batería e un saxo barítono.
Teñen afinidades matemáticas, querencia polo ruído e espíritu libertario.
Xogan na mesma liga que bandas coma Zu ou os Flying Luttenbachers ao mesturar o math rock, o noise e o free jazz nunha batedora de consecuencias demoledoras.
Podes escoitalos aquí: http://ddj-coax.blogspot.com.es/p/mediaspress.html

E ver como as gastan en directo aquí:

Ademais forman parte do colectivo/cooperativa francés Coax http://www.collectifcoax.com/?lang=fr

Pedírase un donativo de 4 euros para cubrir os gastos da banda

Alejandro Vargas & L.A.R. Legido


Venres 10 de maio ás 20:00
Este venres no Liceo Mutante, free jazz de primeiro nivel!

Alejandro Vargas e L.A.R Legido forman un dúo de improvisación libre piano/batería e obxectos acompañantes, abordando varias temáticas dentro do free jazz, a música clásica e contemporánea, aproveitando todas as posibilidades do son coma ferramenta, cun gran nivel interpretativo e técnico en cada execución. Estes dous músicos con un extensísimo currículo desenrrolan unha linguaxe propia tendo coma concepto principal a transformación do espazo sonoro, a elasticidade das formas e a fantasía.

O seu primeiro cd-dvd titúlase Oper-Suite, unha obra dividida en tres actos.

Ven vivir unha experiencia musical de primeiro nivel este venres ao Liceo por soamente 4 euros, que irán destinados coma sempre directamente aos músicos.

Cineclube do Liceo Mutante: O Espello


Mércores 8 de maio ás 21.00
Esta semana mergullarémonos no lírico mundo d’ O Espello do director soviético Andrei Tarkovski.
O Espello (Zerkalo,Andrei Tarkovski, URSS,1975, 106′, VOSE)

Un home fala coa súa esposa sobre a súa situación actual e os motivos polos que se distanciaron. As reflexións e os mutuos reproches evocan nel recordos da súa infancia campesiña, da guerra, da separación dos seus pais, da identidade rusa… Un pasado que é o seu, pero tamén o dun país e o do acontecer mundial.

“Os feitos que se narran son todos reais e sucederon a persoas próximas a min. Pero por que algunha xente se queixa de que non a comprende? Os feitos son moi simples, deben ser tomados como similares ás experiencias das súas propias vidas. E sucede algo que é peculiar no cine: canto máis lonxe está o espectador do contido do filme, máis próximo resúltalle; o que a xente busca no cine é unha continuación das súas vidas, non unha repetición. Non hai momentos de entretemento no filme. De feito, estou categoricamente en contra do entretemento no cine: é degradante para o autor e tamén para a audiencia”.
Andrei Tarkovski

Entrada de balde

Convite aberto para participar na instalación sonora Funkausstellung


Convite aberto para participar na instalación sonora Funkausstellung de Pit Noack

Hai dúas formar de participar:
A) Madar unha mostra sonora directamente a : mail@pitnoack.de
B) Pasarte polo Liceo os días da instalación (30 e 31 de maio) e gravar algo no estudio portátil que estará alí instalado

Non son requeridas habilidades musicias. Ademais é apto para todas as idades!

A idea básica do proxecto é o desenvolvemento dunha instalación sonora nun proceso social que involucre a tantas persoas como sexa posible. Posteriormente, hai dous elementos constitutivos en xogo: por unha banda, a instalación vai ser construída a partir de compoñentes de alta fidelidade de segunda man, pola outra banda, vai seguir un principio compositivo controlado polo azar, utilizando fragmentos de son achegados polos participantes no proceso.

Para levar a cabo o proxecto, preguntáraselle á xente de Pontevedra e arredores para proporcionaren material sonoro. Durante a exposición, tamén haberá a oportunidade de gravar sons nun estudo móbil que será construído no Liceo Mutante. As decisións relativas á natureza da contribución de cada son deixase á libre elección dos participantes e non se requiren habilidades musicais. En oposición ás pezas musicais arranxadas e finalizadas cunha certa densidade sonora, todos os sons individuais ou secuencias producidas por instrumentos acústicos, electrónicos, ferramentas ou artigos de uso diario serán benvidos. Polo tanto, as dinámicas e a densidade sónora serán producidas pola continuidade do proceso e a crecente estrutura da instalación sobre a base de combinacións aleatorias coas outras contribucións.

Empregando un programa informático desenvolvido en exclusiva para o proxecto, produciranse dúas pistas estéreo individuais utilizando estes fragmentos, que logo serán trasladadas á un CD ou casette. Durante a exposición, os sistemas de alta fidelidade instaláranse pouco a pouco, e reproducirán gravacións de son individuais. Os equipos de son individuais soarán de forma permanente, mentres que as pistas estéreo individuais conterán sobre todo silencio, intercalado con fragmentos de son seleccionados ao azar. Polo tanto, o obxectivo non é encher o espazo coa densidade máis alta posible dos sons, senón crear un campo sonoro espacioso, dinámico e diverso. Dado que os soportes de son individuais non están sincronizados e se cambian regularmente, os fragmentos será postos perpetuamente xuntos para producir novas e sorprendentes formacións, que a miúdo soan coma se tivesen sido compostas. Esta composición aleatoria interminable resulta moi entretida.

O principio aleatorio de composición emprega o feito psicolóxico de que a percepción humana está constantemente na busca de regularidade e estrutura – e voluntariamente tenta descubrilas aínda incluso cando os motivos accidentais son dominantes. Compositores contemporáneos como John Cage, quen usou este principio aleatorio, cuestionaron a noción da autoría dunha obra porque o así chamado autor e a “súa” obra está sumido nunha rede de referencias e tradicións culturais. Nada nesta rede é consciente ou elemental rudimentario porque cada elemento basea os seu propio valor ou importancia, só pola súa relación dos demais elementos obtidos. Dende esta perspectiva, non é posible definir claramente un autor ou unha obra. O “autor” dunha composición aleatoria, está , de feito, fixando as regras que producen a composición. Desta forma, el pode resultar sorprendido polos resultados da súa propia obra, como calquera outro oínte, e polo tanto converterse en receptor da súa propia productividade.
Máis información (en inglés): http://www.pitnoack.de/funkausstellung

Grapo Grapo: II Xornadas Mutantes de autoedición


Logo de chorar de emoción ó remate da primeira edición das xornadas, na que se superaron por moito as previsións tanto de participación coma de público e de calidade, o Liceo Mutante quere aproveitar a volta do sol para vos invocar de novo, oh, inquedos devotos do DIY, para que compartades con nós os vosos micromundos e as vosas chaladuras tomando o aire arredor da gran palmeira do noso xardín os vindeiros 21 e 22 de xuño.
Queremos que traiades os vosos fanzines, comics, discos, serigrafías e demáis cacharradas. Queremos botar unhas risas e coñecer as propostas máis marxinais e arriscadas. Queremos facer da nosa casa a vosa aproveitando o nacemento do mellor verán das vosas vidas.
Entre as actividades previstas están un mercadiño permanente, charlas, proxeccións, actuacións musicais e unha gran rifa final que vos vai facer vomitar coa risa. Temos tamén a intención de facilitarvos na medida do posible o aloxamento.
Enviade as vosas propostas antes do 15 de maio a artes.liceomutante@gmail.com contándonos que é o que facedes, que é o que queredes traer e cal é a vosa procedencia.

Agardámosvos en Pontevedra con ilusión!

Jay + Travesti Afgano


Sábado 4 de maio
JAY son catro rapaces vigueses que gustan de regar o rock psicodélico de ruido e trallazos punk. Puntais do colectivo A Seara, darán que falar co seu disco debut “Vacaciones en Vietnam” (Discos Humeantes) que condensa en formato físico a experiencia de velos en directo: Orixinalidade sen medo, salvaxismo, experimentación e temazos:

http://www.rockdelux.com/audio-video/p/jay-vacaciones-en-vietnam.html

http://seararecords.bandcamp.com/album/mangia-ep

https://www.facebook.com/pages/Jay

TRAVESTI AFGANO son Trompicallo, Cipricolas e Cipuesco,(Din que andan metidos noutros comandos coma Lobishome ou Sr.Anido) “muyahidíns da sexualidade e amor libre” que están a piques de publicar “Yo se la chupé a Mark E. Smith” en Seara Records, un artefacto cheo de temazos que falan de porcalladas, rapazas e cousas importantes :

http://seararecords.bandcamp.com/album/yo-se-la-chup-a-mark-e-smith

https://www.facebook.com/TravestiAfgano

Todo isto por 5 euros que irán coma sempre no Liceo destinados ás bandas. No noso local coma sempre comida e bebida a prezos afganos, así que xa sabes, vente prontiño que dende as 19.00 estaremos abertos e ás 20.00 comezaremos con puntualidade!