15 septiembre 2014

Avecrem + Uzumaki



uzu

Xoves 18 de setembro ás 20.15

Avecrem son a salsa da túa vida. O condimento ideal para un bo sarao. O instrumental está de moda porque a xente dálle moito ó pitillo. Como Juanjo e David, de Parmesano e Uppercut, que se uniron para facer ruído e de aí xurdiu Avecrem, música mathrockeira que abanea entre Barcelona e Ourense baixo a tutela de Discos Porno. Guitarra e batería, plin-plan.

Podes escoitalos aquí: http://avecrem.bandcamp.com/
Un vídeo guapo: https://www.youtube.com/watch?v=B-_e_d6Agt0

Uzumaki xa se poden considerar da casa. Tamén son dous: un cun peiteado de moda e o outro sen peite. Un dálle á guitarra e o outro ó baixo. Os dous berran e non se duchan. Feden a punk dos 80’s e a grunge dos 90’s. Viven no presente. Caixa de ritmos. Metralleta. Poderían ser de Sub Pop, pero son de Discos Porno e de Boston Pizza Records. Tamén.

Escoita: http://discosporno.bandcamp.com/album/uzumaki-ep
Atento: https://www.youtube.com/watch?v=VECUYEaQczs

Todo isto por 5€ que irán íntegros para as bandas. Ás 20:00h abrimos portas. Haberá comida e bebida “para toda la peña”. Vémonos no Liceo.